viernes, 21 de enero de 2022

Repulsa de toda violencia e defensa da sanidade pública de calidade

" A Plataforma pide "non malgastar as forzas en enfrontarnos entre nós", por moito que dende a clase política se "desprestixie a aquelas persoas que coidan da nosa saúde". "

Todo persoal que nos atende na sanidade son persoas, igual ca nós; polo que o mínimo que se pide é respecto mútuo.
A pesar do que digan algúns políticos como o actual alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, o persoal sanitario non están facendo política nos seus centros de saúde; sen embargo, a política neoliberal e de semiprivatización que leva a cabo o seu partido (PP) na Xunta de Galicia sí repercute seriamente nas condicións en que se leva a cabo o servizo: merma de persoal, aumento do procedemento burocrático, diseño de protocolos irrealizables, etc. Todo eso o sufrimos tanto as persoas usuarias do servizo como o persoal que nos atende.
Ante unha atención ineficiente (sexa por falta de persoal, derivación, etc.) temos unha ferramenta chamada follas de reclamacións que serven tanto para queixas ante a administración por falta de recursos e atención como de posibles extralimitacións ou malas praxis do persoal.
As persoas que conformamos Somos Sanxenxo unímonos á repulsa de toda violencia e defendemos unha sanidade pública de calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!

 Dí o Dr. Názara que o 35 % das mortes anuais débense a enfermidades cardiovasculares, que “Los factores de riesgo comunes son la diabetes, ...