Quen é o responsable ou responsables do cambio do curso do río de Areas a “golpe de pala” e aporte de area borrando rastro do cauce anterior?
Ningunha explicación oficial sobre o cambio de curso do río na súa desembocadura na praia de Areas
Somos Sanxenxo denuncia o silencio do Concello sobre o cambio de curso do río na praia de Areas
Nada máis baixar pola derradeira baixante da praia encontrámonos rodeiras, así como moreas de area chea de restos vexetais enriba do antigo leito do río que nos fixo sospeitar de que algo mudara e non de forma natural, senon por acción do ser humano.
As rodeiras levounos ao longo do antigo cauce do río, o cal se atopaba parcialmente soterrado debaixo de capas de area, e ao final das rodeiras, un novo cauce, en cuxas beiradas aínda se podían ver as marcas dos dentes da maquinaria que abrira ese novo camiño de forma artificial.
Pero aínda nos
quedaba por averiguar de onde saíra a area similar en cor e textura
pero chea de restos de vexetación coa que trataban de tapar o rastro
do antigo cauce.
Fomos percorrendo o paseo de madeira da
zona dunar e por fin demos co lugar.
Todos e
todas sabemos que non está permitido por lei, o movemento de grandes
cantidades de area nunha zona dunar protexida, nin nas zonas
intermareais e moito menos o cambio do curso natural dun río, sen
estudos que o avalen e sempre cos correspondentes permisos de
Medioambiente e Costas, polo que, desde Somos Sanxenxo,
solicitaremos a información pertinente a ditas institucións.
Estamos convencidxs de que, neste caso se levou a cabo
esta actuación por causas de accesibilidade á praia, pero non
podemos obviar as consecuencias medio ambientais que esto supón como
son a perda de nutrientes que os ríos aportan de forma natural á
cría de moluscos, peixes e plantas, aves mariñas, e outras especies
da zona dunar protexida á que pertence esta praia. Gañamos en
comodidade e perdemos biodiversidade esencial.
Nas zonas
intermareales é onde se xesta a maioria da vida no mar, son
criadeiros naturais para milleiros de especies, o aporte artificial
de area ás praias, ou a retirada mecánica de algas matan a
milleiros de organismos naturais provocando perdas irreparables.
Non
nos vale a escusa de que somos un concello turístico como argumento
de defensa para este tipo de actuacións pois nin é legal nin coida
o medio ambiente, nin garante o correcto coidado da zona dunar.
Coidar o noso medio, respetar a natureza e as especies que habitan
nela non é incompatible co turismo senon a única forma de que
gañemos en tódolos sentidos: en calidade das augas, aire e
disfrute.








