lunes, 30 de agosto de 2021

Sanxenxo: da extravagancia das estacas ao libre albedrío.

Que Sanxenxo fose o epicentro do Covid este verán non foi casualidade: a masiva afluencia de visitantes estivales, as continuas incoherencias na toma de decisións e a falta de previsión na dotación de persoal por parte do órgano de goberno de Sanxenxo foron claves.

Se o ano pasado, o concello de Sanxenxo malgastou en estacas máis de 90.000 €, este ano, suprimiu ata os “informadores”, unha figura que debera manterse polo menos ata que exista un tratamento eficaz para o Covid, e o nivel de transmisión comunitaria sexa menor a 25 casos por 100.000 habitantes e non existira risco de aglomeracións.
Desde o concello, prohibiuse as fogueiras da noite de S. Xoan entre non convivintes, cando a incidencia acumulada rondaba os 60 casos por cada 100.000 habitantes e a mobilidade de persoas foráneas era moi reducida; mentras que, en pleno verán, sempre cunha incidencia maior a 250, fanse concertos con recollida de entrada ”in situ”, favorecendo así as aglomeracións tanto á entrada como á saída. Nas praias non existe un mínimo de control de aforos nin distanciamento, e os botellóns prodúcense en espazos públicos incluso de día, derivando nun aumento de atencións sanitarias por intoxicación etílica. Por que a seguridade nos eventos se centra só na área de actuación e habilitada para sentar e non na contorna? Por que as praias non contan este ano con “informadores” cara garantir que non se produzcan aglomeracións? Onde van os efectivos da policía local? Onde van as sinalizacións de rutas alternativas cara evitar o embotellamento no centro de Sanxenxo? Por que en vez de ter unhas sinalizacións nas praias que prohiben os xogos colectivos, que ninguén cumpre, non se acotan zonas específicas onde non molesten ao resto de usuarios?
Claro que é posible acudir a concertos, actuacións musicais, bares, restaurantes, etc., e facelo de forma segura, pero insistindo na necesidade de manter normas, unhas normas que non sempre son fáciles de cumprir, sobre todo, cando non se prevee coa suficiente antelación a necesidade de dotar de máis persoal de control das posibles masificacións en praias, paseos, fóra da zona habilitada para os concertos, etc.
A organización en tempo de Covid vese grande de máis para este órgano de goberno. Mentras os efectivos da policía local supervisan e habilitan as zonas de eventos, o resto do concello queda baixo mínimos, cos consecuentes atascos no centro da vila de Sanxenxo e a inexistencia dun mínimo de control no cumprimento das normas sanitarias en paseos concurridos como o de Silgar. Onde van os 40 efectivos que din desde o concello que contrataron a maiores? Pois, a semana pasada, un só policía local (ou auxiliar) se vía desbordado correndo dun paso de peóns para o outro tentando poñer orde na Rúa Progreso de Sanxenxo, mentras outro atendía o caos da rotonda de xunto a estación de autobuses.
Seguimos cunha indicidencia por riba dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, considerada de risco extremo de transmisión comunitaria pola OMS, o propio conselleiro de Sanidade prevee un posible repunte de casos Covid, que medidas pensa tomar o concello de Sanxenxo? Porque o problema non está nos espazos onde se cumpren os aforos, desinfección, uso de mascarilla, etc., senon naqueles onde non existe control de tipo ningún, como en praias masificadas, entradas e saídas de eventos e nos botellóns que se fan incluso a plena luz do día. Menos criminalizar á hostalería e á xente nova e máis trasladar unha mensaxe de prudencia, instando ao cumprimento das normas hixiénico-sanitarias e actuar en consecuencia.
Un saúdo.
Mary Camiña
Voceira de Somos Sanxenxo


 




A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!

 Dí o Dr. Názara que o 35 % das mortes anuais débense a enfermidades cardiovasculares, que “Los factores de riesgo comunes son la diabetes, ...