martes, 14 de septiembre de 2021

Demagoxia no Pleno do concello de Sanxenxo

 A demagoxia do día:

"A sanidade pública de Galicia goza de boa saúde porque é unha das comunidades autónomas no que se invirte por riba da media do Estado"...
En serio? Por iso o Sr. Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, non admitíu dereito a réplica...

domingo, 12 de septiembre de 2021

POR UNHA SANIDADE PÚBLICA E DE CALIDADE

Como é sabido por todos e todas, desde Somos Sanxenxo, sempre defendemos unha sanidade pública e de calidade. Aledámonos da petición de pleno extraordinario por parte da oposición con representación no Concello de Sanxenxo, solicitando cuestións tan fundamentais como o reforzo dos nosos centros de saúde coa finalidade de conseguir unha asistencia de calidade nos mesmos.

A situación actual é dantesca: sen poder solicitar citas presenciais, con falta de substitucións do persoal ausente, sen reforzos no verán, e loitando coa falta de mantemento no propio edificio, onde se siguen producindo goteiras (a pesar das "melloras no tellado" no mes de marzo) e inundacións de augas residuais por unha mala conexión nas redes de sumidoiros.
Os veciños e veciñas deste concello merecemos unha sanidade pública de calidade, xente e políticos que a defendan e representantes que leven a cabo os cambios estructurais necesarios.
O martes, 14, ás 9.30h., comezará o pleno. Animámovos a que o presenciedes, ben acudindo ao salón de plenos ou ben pola canle do concello de Sanxenxo en youtube.
A unión é fundamental á hora de buscar solucións a unha cuestión tan importante e fundamental como é a calidade na sanidade pública.
Un saúdo.
Mary Camiña
Voceira de Somos Sanxenxo



A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!

 Dí o Dr. Názara que o 35 % das mortes anuais débense a enfermidades cardiovasculares, que “Los factores de riesgo comunes son la diabetes, ...