martes, 19 de octubre de 2021
lunes, 4 de octubre de 2021
Sempre en defensa da sanidade pública de calidade
Desde o 2.017, esta agrupación política, e en concreto, dunha maneira incansable, a nosa portavoz Mary Camiña, xunto con diversas asociacións, sindicatos, outros partidos, persoas e diversas entidades, levamos denunciando as carencias da sanidade pública tanto no eido autonómico, como no municipal. Foi neste ano cando se fixo a primeira manifestación en Sanxenxo, á cal acudíu o actual alcalde e que tan só uns meses despois esquecería por completo o que nela se defendía. A cambio, propuxo unha falsa mellora do centro de saúde, que provocou, cos contínuos recortes de persoal, ter consultas sen persoal, e o aumento das listas de espera tanto de enfermaría como de outros facultativos.
O Sr. Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo, tras varios bandazos, fotos cara a galería, defender a súa “amada sanidade pública” con claras infidelidades coa privada, negación reiterada das carencias sanitarias denunciadas pola propia Valedora do Pobo, asociacións, plataformas, concelleiras, sindicatos, etc., recentemente, saca dous comunicados loando a labor dos sanitarios, culpabilizándonos aos partidos políticos da oposición e aos sindicatos de alarmistas cando denunciamos o desleixamento ao que se está sometendo a sanidade pública; a sabendas da falta de persoal tanto sanitario como administrativo dos dous centros de saúde do concello, así como as carencias das infraestructuras do centro de Baltar, no cal existen goteiras e recurrentes asolagamentos por augas fecais derivados dun sumideiro do cal é responsable directo o Concello de Sanxenxo.
O último asolagamento produciuse esta fin de semana, a menos dun mes do anterior; unha cuestión moi grave que pon en risco a saúde das persoas que nese momento estaban na zona afectada, polo que, compartimos a petición da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo da inmediata solución do problema nos sumidoiros da zona de Baltar, e o traslado temporal do PAC, pois as condicións son totalmente insalubres, e a día de hoxe o cheiro é insoportable na zona de RX.
Desde Somos Sanxenxo non imos pedir a dimisión do alcalde de Sanxenxo, porque xa o fixemos en recurridas ocasións, facendo caso omiso. Así que, hoxe, interpelamos directamente aos veciños e veciñas, asociacións e diversos colectivos a que se unan á defensa da sanidade pública e apoien á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo tal como xa moita xente estamos a facer. Só a forza dunha sociedade unida pode ter o suficiente poder para frear as deplorables condicións nas que os gobernos tanto municipal como autonómico están deixando o que ata o de agora fora o noso exemplar sistema de sanidade pública.
Moitas grazas.
Un saúdo,
Equipo da Coordinadora de Somos Sanxenxo
A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!
Dí o Dr. Názara que o 35 % das mortes anuais débense a enfermidades cardiovasculares, que “Los factores de riesgo comunes son la diabetes, ...

