viernes, 30 de septiembre de 2022

A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!

 Dí o Dr. Názara que o 35 % das mortes anuais débense a enfermidades cardiovasculares, que “Los factores de riesgo comunes son la diabetes, la hipertensión y los lípidos, pero también la obesidad, el tabaquismo, el sedentarismo, el cansancio o el estrés”, e que o control destes factores evitarían o 80% desas mortes.


E agora preguntámoslle ao PP de Sanxenxo..., como imos controlar a diabetes, hipertensión, e o estrés sen unha asistencia sanitaria digna nos centros de atención primaria? COA PLANTILLA DE PERSOAL INCOMPLETA, E SEN PEDIATRAS!!!

O PP que luce e presume de traer congresos de médicos e poñer unha carpa para tomar a tensión á xente, resulta que VOTA EN CONTRA DA MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA!!!

VOTA EN CONTRA DO BENESTAR E SAÚDE DAS VECIÑAS E VECIÑOS DE SANXENXO!!
!

Cando se elixe primar as siglas por riba das necesidades dos veciños e veciñas; cando se prima fomentar a sanidade privada en detrimento da pública; cando se recorta en dereitos e servizos básicos xa NON SE SIRVE AO POBO SENON ÁS ÉLITES E AOS CARTOS, polo tanto NON DEBERAN REPRESENTAR AO POBO.

A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!


Un saúdo,

Mari Camiña
Voceira de Somos Sanxenxo

#PorUnhaSanidadePúblicaDeCalidade



martes, 7 de junio de 2022

Renovables Si, pero Non Así!

 

O domingo 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, formamos parte dos centos de plataformas, asociacións, colectivos e agrupacións políticas que alzamos a voz en modo de repulsa pola forma de xestionar os nosos recursos naturais, a falta de sensibilidade medioambiental e cultura pola falta de transparencia dos proxectos eólicos cos que intentan instalarnos uns aeroxeneradores a consta da destrucción do medio natural, patrimonial, das terras agrarias e da saúde da veciñanza.



Estos parques eólicos presentan un enorme problema de especulación enerxética, tras os que se esconden grandes intereses económicos de empresas enerxéticas foráneas que veñen a expoliar os nosos recursos sen ter en conta a miseria e destrozo que deixarán tras de si. O máis cercano a nós queren instalalo no Monte Castrove, cuxa defensa está a levar a cabo a Plataforma veciñal Non ao Parque Eólico do Castrove, que insiste en que "non descansará ata que non se vexa libre do peligro de implantación do parque industrial nun lugar de tanto interés ecolóxico e socioeconómico".

Renovables Si, pero así non

#EólicosAsíNon



https://www.youtube.com/watch?v=N_jx1VBRPeo

sábado, 28 de mayo de 2022

Somos Sanxenxo reivindica a necesidade de tomarse en serio a seguridade nos areais do concello de Sanxenxo.

Campaña tras campaña electoral oímos a distintos grupos políticos falar da desestacionalización e calidade do turismo de Sanxenxo. O certo é que falar fálase dunha cousa pero facer faise outra moi distinta. Para desestacionalizar o sector e mellorar a calidade hai que comezar por ofrecer os servizos durante un período de tempo maior, e ser previsor.

Certo é que os accidentes, ás veces, non se poden evitar, pero nós cremos que si se poden ofrecer medidas de protección e prevención que faga do noso concello un lugar máis seguro.


Estes últimos anos somos testigos dun incremento en recortes na seguridade nos nosos areais, pois a seguridade pasa a estar suxeita aos medios dispoñibles e relégase a un segundo plano como un termo rodeado de cinismo e dependente da vontade do político de turno; cando debera ser unha prioridade.


Non entendemos como é posible que a colocación de boias sinalizando a zona de baño e canal de arribo de emerxencia non se fai ata ben entrado o mes de maio, cando os quioscos comezan a prestar os seus servizos o 1 de maio; nin tampouco entendemos que non contemos co servizo de socorrismo ata o 15 de xuño en Montalvo, Canelas, Silgar e Areas, e o resto de areais a partir do 1 de xullo. Todos estos servizos son externos, é dicir, sacados en concurso mediante pregos de condicións, como é posible que non se inclúa a pre-temporada de Semana Santa, polo menos, para aquelas praias máis concurridas ?

Un concello que vive, na súa maior parte, do turismo e segundas residencias, ten que ser un concello consciente das necesidades e esixencias que iso conleva; e, quen o goberne, debe ter en conta non só o momento presente, as bandeiras azuis, e outros distintivos de cara a galería senon facer que Sanxenxo sexa un destino apetecible e con servizos públicos de calidade sen esquecerse das necesidades dos veciños e veciñas que vivimos e tributamos aquí todo o ano.


Un saúdo,

Mari Camiña

Voceira de Somos Sanxenxo






martes, 29 de marzo de 2022

Que pasou na praia de Areas? Por que se moveu o cauce do río?

Quen é o responsable ou responsables do cambio do curso do río de Areas a “golpe de pala” e aporte de area borrando rastro do cauce anterior?

Ningunha explicación oficial sobre o cambio de curso do río na súa desembocadura na praia de Areas



Somos Sanxenxo denuncia o silencio do Concello sobre o cambio de curso do río na praia de Areas

A pesar de que no pleno de onte, 28 de marzo, o alcalde de Sanxenxo dicía que non existían movementos de area máis aló de facer unha actuación puntual no re-acondicionamento da zona dunar traseira da praia de Areas, o certo é que as fotos e vídeo tomados o domingo pola tarde in situ, din algo moi distinto.


Nada máis baixar pola derradeira baixante da praia encontrámonos rodeiras, así como moreas de area chea de restos vexetais enriba do antigo leito do río que nos fixo sospeitar de que algo mudara e non de forma natural, senon por acción do ser humano.






As rodeiras levounos ao longo do antigo cauce do río, o cal se atopaba parcialmente soterrado debaixo de capas de area, e ao final das rodeiras, un novo cauce, en cuxas beiradas aínda se podían ver as marcas dos dentes da maquinaria que abrira ese novo camiño de forma artificial. 





Pero aínda nos quedaba por averiguar de onde saíra a area similar en cor e textura pero chea de restos de vexetación coa que trataban de tapar o rastro do antigo cauce.

Fomos percorrendo o paseo de madeira da zona dunar e por fin demos co lugar.




Todos e todas sabemos que non está permitido por lei, o movemento de grandes cantidades de area nunha zona dunar protexida, nin nas zonas intermareais e moito menos o cambio do curso natural dun río, sen estudos que o avalen e sempre cos correspondentes permisos de Medioambiente e Costas, polo que, desde Somos Sanxenxo, solicitaremos a información pertinente a ditas institucións.

Estamos convencidxs de que, neste caso se levou a cabo esta actuación por causas de accesibilidade á praia, pero non podemos obviar as consecuencias medio ambientais que esto supón como son a perda de nutrientes que os ríos aportan de forma natural á cría de moluscos, peixes e plantas, aves mariñas, e outras especies da zona dunar protexida á que pertence esta praia. Gañamos en comodidade e perdemos biodiversidade esencial.
Nas zonas intermareales é onde se xesta a maioria da vida no mar, son criadeiros naturais para milleiros de especies, o aporte artificial de area ás praias, ou a retirada mecánica de algas matan a milleiros de organismos naturais provocando perdas irreparables.

Non nos vale a escusa de que somos un concello turístico como argumento de defensa para este tipo de actuacións pois nin é legal nin coida o medio ambiente, nin garante o correcto coidado da zona dunar. Coidar o noso medio, respetar a natureza e as especies que habitan nela non é incompatible co turismo senon a única forma de que gañemos en tódolos sentidos: en calidade das augas, aire e disfrute.








martes, 8 de marzo de 2022

8M

 Somos Sanxenxo súmase á manifestación de #Galegas8M o 8 de marzo ás 20:00 con saída da Praza do Hospital Provincial. Únete!




martes, 15 de febrero de 2022

Solidariedade, ánimo e pesar ás familias dos mariñeiros do Vila de Pitanxo

 Una nova traxedia no mar entristece ao noso país: un naufraxio terrible nas xélidas augas de Terranova. Dos 24 mariñeiros que ían a bordo do Vila de Pitanxo, só se sabe polo de agora de 3 superviventes.

Dende Sanxenxo queremos trasladarlles ás familias dos mariñeiros do Vila de Pitanxo a nosa solidariedade e todo o noso ánimo nestes momentos tan difíciles.

A SANIDADE PÚBLICA DE CALIDADE É UN SERVIZO BÁSICO, ELEMENTAL E NECESARIO. UNHA PRIORIDADE!!

 Dí o Dr. Názara que o 35 % das mortes anuais débense a enfermidades cardiovasculares, que “Los factores de riesgo comunes son la diabetes, ...